Sachando o millo, O Eirovello, Xuno 2014.
Cando eu era pequena ós que non sachaban o millo antes do vintecatro de San Xoan decíase deles que eran lacazáns.
Agora xa non se sacha nin antes nin despois. Botan ese sulfato que mata as herbas para non traballar. Estamos envenenándonos e matando a terra. A xente nova non sabe sachar.
Recordo con nostalxia cando iamos pais e irmáns sachar as leiras. Era ben sachar pola calor para que secaran as herbas, había que arrincar aquelas que estaban ó pe das plantas. Éstas agradecíano moito ó dar o froito.
A hora da merenda era moi esperada. Mamá viña con ela na cabeza. Traía patacas con repolo e un refrito de pemento por riba. Tamén un cacho de touciño que había que repartir. Cánto se disfrutaba daquela merenda sentados no arredor! Á sombra dunha cerdeira cargada que fartaba cativos e grandes.
Sachando o millo, O Eirovello, Xuno 2014.
Naqueles tempos tamén había caciques. O alcalde do concello tocaba a azada e viñan os veciños sacharlle o millo ainda que o deles estivera cheo de herbas.
Temos que volver ó sacho se non queremos emporcar a terra. E tamen arrincar dunha vez esas malas herbas que nos cobren. Que deixan na miseria á xente traballadora. Que deixan familias sin casa, sin traballo , sin futuro…
Francisco e "Paloma" , xuño 2014.
Estamos no tempo da sacha das nosas leiras e tamén da sociedade. Hai que secar as herbas que afogan á xente de ben. Que están afogando ó país impedindo que a nosa terra dé os seus froitos.
A políticos e banqueiros corruptos, nobles, privilexiados hereditarios, aforados …hay que cortarlles a raiz. Son auténticas labazas da sociedade e temos que impedir que boten graiña e sigan izando coa sua peste o noso pobo.
Había outro dito que resumía a filosofía do traballo, e tamén da vida: “non botes máis mainzo do que poidas sachar”.
Un dito que os asesores xamais lle dirán ó novo rei Felipe VI. A él non lle fai falta.
O seu mainzo estará sempre sachado.
So ten que sair ó balcón e tocar a azada.
Mª Francisca Rodríguez Cabanas
Xuño 2014
Mª. Francisca Rodríguez Cabanas, O Eirovello, Xuño 2014
Nota sobre técnica empleada: los retratos de Mª. Francisca, Luis de Maceira y Francisco Maceira se hicieron con cámara Busch Pressman 4x5" model D y ópticas 180mm, 210mm y 127mm , luz natural más iluminación de estudio, película Fomapan 400, revelador D-76; las tres imágenes del reportaje sachando: Leica M4P, Summicron 35mm, película iIford HP5 revelada en ABC Pyro; todas las imágenes fueron positivadas por ampliación en papel Fomalux y estas copias positivas fueron fotografiadas con cámara Canon G9 para poder ser metidas en ordenador. Ésta fue tomada con la cámara del teléfono.